Wood Models tiburón

Wood Models Polbo

Globo teledirixido

Estancias en familia

Participa no concurso e gaña premios por comer saudable. Queres saber como?

Cando completes o teu póster con todos os cromos, envíanos unha fotografía (en formato jpg ou pdf), xunto cos datos de participación (nome completo, DNI, teléfono e dirección postal) ao correo electrónico concurso@opromar.com, poñendo no asunto ” SÚPER PEIXIÑO”. O titular que participa ten que ser maior de idade, aínda que o premio vaia ser finalmente para un menor.

PREMIOS:

Os 100 primeiros pósteres completos recibidos serán premiados cunha maqueta da empresa Woodmodels.

Cada quincena do  período de promoción, haberá un sorteo ante notario entre os participantes rexistrados, dun Globo Teledirixido de tiburón.

Ao final da campaña, haberá un sorteo ante notario entre todos os participantes do concurso SÚPER PEIXIÑO dunha estancia con cea nun hotel de Galicia para 2 adultos e 2 nenos.

Promoción do 23 de novembro ata o 23 de decembro ou ata fin de existencias. 

SÚPER PEIXIÑO

É unha iniciativa de OPROMAR, Organización de Productores de Pesca do Porto e Ría de Marín. A campaña promocional “Super Peixiño” é unha acción enmarcada no PPeC 2020 de OPROMAR, coa financiación de FEMP e Xunta de Galicia, e a colaboración de GADIS.

Promoción do 23 de novembro ata o 23 de decembro ou ata fin de existencias.

O obxectivo principal desta campaña é impulsar o consumo de peixe entre  o público infantil.